Xa dende o principio os locais impuxeron a súa superioridade deixando a un Camariñas tocado xa na primeira metade. Os de Rebolo marcharon aos vestiarios cunha cómoda vantaxe no electrónico, polo que o míster non tivo que dicir moito durante o descanso. A segunda metade aínda se puso máis de cara xa que prácticamente no comezo foi expulsado un dos xogadores visitantes, os cales non tiñan xogadores suplentes. Isto fixoos xogar con 5 durante a maior parte da contenda. Ademais hai que engadir a exclusión do noso cancerbeiro Tusi, debido a unha actuación impulsiva debido a excesiva intensidade coa que estaba xogando, o que obrigou a saír a Xurxo durante o que quedaba de partido. Ante esta situación o partido acabou sendo algo aburrido para o público e cheogouse ao remate do partido cun marcador de 42-25 a favor dos nosos rapaces.
Foi unha boa maneira de pechar o ano, agora tocan unhas merecidas vacacións pero sen olvidar que 2012 ven aí e hai que voltar con máis forza aínda, se cabe.
¡¡VAMOS CHAVALES!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario